PATENTE DE CORSO

HOLA. AQUÍ COMEZA UNHA NOVA VIAXE POLOS SUBURBIOS DA MIÑA IMAXINACIÓN-SUBXECTIVIDADE-HUMOR-ETC. QUE QUEDE CLARO QUE O TÍTULO NON TEN NADA QUE VER CO PERMISO QUE ME PUIDESE DAR NINGÚN REI PARA FACER O QUE ME VEÑA EN GANA, XA QUE AS MONARQUÍAS SON COMO O TRABUCO DO MEU AVÓ: INÚTILES E DEMASIADO ANTIGAS PARA O SÉCULO XXI.

Nombre: Unknown

3.03.2006

COA IGREXA ATA NA SOPA

Meus fillos, atopastes xa un camiño de luz para chegar a Deus ou aínda andades sen rumbo pola vida? Se o voso caso é o segundo, non vos preocupedes porque a Conferencia Episcopal Alemana tivo a iniciativa de facernos chegar a mensaxe (nunca mellor dito) do Señor a través do teléfono móbil.
Pois si, os cristiáns alemáns tiraron a casa pola ventá e durante a Coresma van enviar sms bíblicos. Do 1 de marzo ao 16 de abril os teutóns poderán "disfrutar" dos pasaxes da Biblia sen ter que mover un dedo.
Xa vedes, estes católicos, que cando lles dá por modernizarse sonvos a hostia. Pero eu teño unha proposición mellor. Isto debería estenderse a todo o mundo e as misas poderían facerse vía sms, aforrándolle a esa pobre xentiña enganada o madrugón de tódolos domingos para ir á Igrexa. E en lugar de pan para comulgar, podían enviar un emoticono. Para o do viño o ideal sería facer un mítico "pásalo" que dixera o seguinte:"Este domingo gran botellón. Imos beber ata o sangue de Cristo".
Ademais esta medida tamén favorecería as convocatorias de manifestacións destas nas que collen 30 persoas por metro cadrado. Sería máis fácil avisar aos que participasen, porque os que van os domingos á misa normalmente son os mesmos que despois saen á rúa a berrar contra o avó de non sei quen.
En fin, meus que Deus nos pille confesados, e se non o estades enviade un sms coa palabra queroiróceo ao Lc, 20-39.

3.02.2006

GRAZAS FLOREN



Como di o refrán, as obras quedan e as xentes vanse. Florentino Pérez marcha do Madrid nun momento que parece o peor para facelo e de xeito moi pouco valente, aínda que se serve para que os xogadores reaccionen a min paréceme correcta a súa decisión.
Florentino marcha de mala maneira pero cando teñamos perspectiva histórica todos lembrarémolo como un gran presidente. Ninguén é perfecto e os seus erros na parcela deportiva non poden ensombrecer por completo o resto do seu magnífico labor. Foise un gran madridista. Nós estarémoslle sempre agradecidos por todo o que fixo, incluso por saber retirarse a tempo.
QUE TREMA HIGHBURY!!!!

2.15.2006

UN DÍA DESPOIS DO REXURDIMENTO

Remataron os exames e o rexurdir das nosas vidas normais xa chegou. Bueno, tanto como normal non foi. Estar ciego durante todo o día e boa parte da noite non se pode considerar normal... Ou si?
O caso é que xa remataron as noites sen dormir, os días enterios na biblioteca, os profesores que te putean coasa súas retorcidas artimañas feitas preguntas de exame que se non contestas ben te vas á merda, etc. Pero tamén botas de menos a cantidade de cachondas xuntas que hai nun solo lugar como é unha biblioteca ou esas pausa de 5 minutos que acababan sendo 30.
Dios pero que merda estou escribindo. Vou moi ciego.

2.09.2006

UN HOME QUE XACE AQUÍ

Dende os máis recónditos lugares (AI-5 da Facultade de CC da Comunicación de Santiago) comeza esta nova etapa de creación para a rede. Por que este cambio? Pois non o sei. Quizais porque son un pouco máis vello e porque o meu anterior recuncho cibernético xa non me valía para expresarme.
Quizais sexa o momento de rachar co pasado e entrar nunha nova etapa. De tódolos xeitos espero que vos divirtades co que poña aquí e por suposto que rajedes todo o que queirades, que para iso estamos. Hala, que estes artigos de introdución sempre son unha rallada monumental e non din nada. Basicamente, cambiei de blog porque me deu por aí. Veña, a pasalo ben.

P.D. Emilio Grandío Seoane cabronazo. Mal profesor e peor escritor.