GRAZAS FLOREN

Como di o refrán, as obras quedan e as xentes vanse. Florentino Pérez marcha do Madrid nun momento que parece o peor para facelo e de xeito moi pouco valente, aínda que se serve para que os xogadores reaccionen a min paréceme correcta a súa decisión.
Florentino marcha de mala maneira pero cando teñamos perspectiva histórica todos lembrarémolo como un gran presidente. Ninguén é perfecto e os seus erros na parcela deportiva non poden ensombrecer por completo o resto do seu magnífico labor. Foise un gran madridista. Nós estarémoslle sempre agradecidos por todo o que fixo, incluso por saber retirarse a tempo.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home