PATENTE DE CORSO

HOLA. AQUÍ COMEZA UNHA NOVA VIAXE POLOS SUBURBIOS DA MIÑA IMAXINACIÓN-SUBXECTIVIDADE-HUMOR-ETC. QUE QUEDE CLARO QUE O TÍTULO NON TEN NADA QUE VER CO PERMISO QUE ME PUIDESE DAR NINGÚN REI PARA FACER O QUE ME VEÑA EN GANA, XA QUE AS MONARQUÍAS SON COMO O TRABUCO DO MEU AVÓ: INÚTILES E DEMASIADO ANTIGAS PARA O SÉCULO XXI.

Nombre: Unknown

3.03.2006

COA IGREXA ATA NA SOPA

Meus fillos, atopastes xa un camiño de luz para chegar a Deus ou aínda andades sen rumbo pola vida? Se o voso caso é o segundo, non vos preocupedes porque a Conferencia Episcopal Alemana tivo a iniciativa de facernos chegar a mensaxe (nunca mellor dito) do Señor a través do teléfono móbil.
Pois si, os cristiáns alemáns tiraron a casa pola ventá e durante a Coresma van enviar sms bíblicos. Do 1 de marzo ao 16 de abril os teutóns poderán "disfrutar" dos pasaxes da Biblia sen ter que mover un dedo.
Xa vedes, estes católicos, que cando lles dá por modernizarse sonvos a hostia. Pero eu teño unha proposición mellor. Isto debería estenderse a todo o mundo e as misas poderían facerse vía sms, aforrándolle a esa pobre xentiña enganada o madrugón de tódolos domingos para ir á Igrexa. E en lugar de pan para comulgar, podían enviar un emoticono. Para o do viño o ideal sería facer un mítico "pásalo" que dixera o seguinte:"Este domingo gran botellón. Imos beber ata o sangue de Cristo".
Ademais esta medida tamén favorecería as convocatorias de manifestacións destas nas que collen 30 persoas por metro cadrado. Sería máis fácil avisar aos que participasen, porque os que van os domingos á misa normalmente son os mesmos que despois saen á rúa a berrar contra o avó de non sei quen.
En fin, meus que Deus nos pille confesados, e se non o estades enviade un sms coa palabra queroiróceo ao Lc, 20-39.